Onda Deportiva Ourense - Fútbol
2ª Federación
CD Arenteiro empata (1-1) no derby frente ó Bergantiños. Adiantábase no marcador o equipo de Fran Justo con gol de Renan Zanelli e empataba Martín Lamelas para os de Carballo nos últimos minutos de partido.
3ª Federación
Na tarde do sábado disputouse o derby en Calabagueiros entre o Centro de Deportes Barco e o Ourense CF con victoria para o equipo de Rubén Domínguez (1-2) a pesar de que os valdeorreses se adiantaron no marcador.
O Atlético Arnoia conseguía a súa primeira victoria da historia na terceira federación ó impoñerse (3-2) ó Noia
Preferente Galicia
Na Preferente o partido destacado foi o derby que se disputou no Couto entre a UD Ourense é a UD Barbadás con victoria local (3-1) a pesar de que se adiantou no marcador o equipo de Agustín Ruíz.
No resto da xornada, importante victoria do Verín CF na súa visita a Salceda de Caselas (0-2), derrota do Velle na casa (1-2) frente ó líder Cultural Areas, derrota do Polígono (3-0) na súa visita a Pontellas e derrota tamén do Nogueira (4-3) na súa viaxe para render visita ó Porriño Industrial.
Fútbol Feminino
O Rosalía gañaba (7-1) ó Racing Vilarino esta fin de semana no partido que disputaron as ourensáns no campo de Oira.
A vindeira semana a EFF Rosalía visita ó Mos B
E, ademáis, toda a xornada no deporte ourensán neste enlace