Ourense Provincia

VI xornadas de convivencia dos voluntario de Protección Civil

Na Xornada haberá tamén un "Acto de recoñecemento da labor feita polas AVPC da provincia de Ourense, durante a vaga de incendios forestais deste verán de 2022"

Óscar Gómez

Ourense | 20.10.2022 08:01

VI xornadas de convivencia dos voluntario de Protección Civil
VI xornadas de convivencia dos voluntario de Protección Civil | onda cero

O delegado territorial subliñou que ao igual que en edicións anteriores preténdese facer unha xornada que sirva como punto de encontro para voluntarios e voluntarias de toda España; e se achegue o traballo desenvolvido á cidadanía amosando o gran capital humano dos seus membros, con preto de 8.355 voluntarios e voluntarias formando parte das 233 agrupacións de Protección Civil en Galicia.

Gabriel Alén explicou que neste ambiente de convivencia realizaranse diferentes talleres prácticos no entorno natural de Oira para tratar de conxugar, dende un punto de vista práctico, a exposición e emprego de material de emerxencias co coñecemento de novas tecnoloxías que cada vez mais ofrecen múltiples posibilidades no mundo das emerxencias.

Nestes talleres colaborarán a Unidade Cinolóxica da Garda Civil, que traerán os seus cans adestrados na busca de persoas desaparecidas; a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que mostrarán os seus medios e contarán a súa experiencia na loita contra os Incendios Forestais; a Unidade de Drons dos Bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova, que xunto a empresa Ibérica de Drones amosarán as vantaxes do emprego do dron no medio acuático.

A Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Polígono de San Cibrao, os GES de Laza e o recentemente creado GES de Maceda levarán a cabo un rescate nun accidente de Tráfico. Tamén os Bombeiros do Parque Municipal de Ourense farán unha exhibición de rescate en altura e os voluntarios de voluntarias das AVPC de Castrelo e Ourense, xunto coa empresa Jet Vigo, farán prácticas de rescate acuático co emprego de moto acuática.

Ademais os participantes poderán desfrutar, grazas a Fundación Estanislao Reverter, do mítico coche de rallyes “Alpinche” encadrado dentro do taller sobre seguridade en rallyes. Na organización das xornadas colaboran a Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense, Xunta de Galicia e Deputación Provincial de Ourense.

Actividades

Un amplo programa de actividades que se completará co a exposición de vehículos e material dos diferentes grupos de emerxencias da provincia de Ourense; así como co Posto de Mando Avanzado do Grupo de Apoio Loxístico a Intervención (GALI) pertencente a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

A partir das 12h está previsto a chegada do helicóptero de salvamento e rescate PESCA I do Servizo de Gardacostas de Galicia, organismo encargado da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas, depende da Consellería do Mar da Xunta de Galicia; e o helicóptero H4 de Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061. Ambos aterrarán no Campo de Fútbol de Oira

Recoñecementos

Na Xornada haberá tamén un "Acto de recoñecemento da labor feita polas AVPC da provincia de Ourense, durante a vaga de incendios forestais deste verán de 2022". Unha homenaxe polo traballo feito polas agrupacións de voluntarios de Protección Civil de toda a provincia que realizaron preto de 150 operativos durante esta crise, especialmente sensible nas comarcas de Valdeorras e Verín. A continuación terá lugar a entrega de medallas e condecoracións a voluntarios e voluntarias co que se recoñece a súa actividade e traxectoria nas súas respectivas agrupacións, e para rematar a xornada haberá un xantar de confraternidade, que servirá como clausura.

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense

A Xunta de Galicia leva destinados desde o ano 2009 máis de 14 millóns en material. O material cedido a través de ordes de axudas e convenios responde ao obxectivo de que todas as AVPC conten por un lado co equipamento imprescindible para o seu funcionamento, entre o que compre destacar vehículos todoterreo e remolques de emerxencia, e por outro lado con material específico para a atención das emerxencias mais probables no seu territorio como poden ser coitelas ou cuñas quita neves e esparexadores de sal nos concellos de montaña ou embarcacións nos concellos costeiros ou con encoros onde se practican actividades de recreo.

O amplo proceso de renovación e mellora do equipamento que se levou a cabo nos últimos anos achegou ás Asociacións o seguinte equipamento: 182 todo terreos pick up, 170 remolques de emerxencias, 48 furgóns, 65 esparexedores de sal, 44 embarcacións, 92 tendas de campaña, 4 UTV, 20 coitelas ou 212 equipos de protección individual contra a velutina, entre outros por valor de por valor de mais de 14 millóns de euros destinado a concellos con AVPC e mais de 7 millóns a concellos con Grupos de Emerxencia Supramunicipal.

Neste ano 2022 licitáronse 8 todoterreos, 8 remolques de emerxencia, 30 esparexedores de sal, 8 coitelas quitaneves, 20 tendas de campaña, 13 embarcacións e 120 desfibriladores semiautomáticos (DESA) por un importe de algo máis de un millón de euros.

Este esforzo na adquisición de material completase coa inversión dende o ano 2009 de mais de 4 millóns de euros en axudas para o funcionamento das AVPC, co obxecto de poder contribuír financeiramente aos gastos de combustible, material, organización e xestión, seguros, etc.