O micrófono verde de Onda Cero e as cores verdes de CD Arenteiro foron hoxe da man para celebrar ó ascenso do equipo de Carballiño á nova 2 RFEF en Tamarindo Patio Bar.
Ambicioso proxecto de CD Arenteiro
A tempada comenzaba con novo presidente para o Arenteiro. Argimiro Marnotes daba o salto ó palco de Espiñedo para levar un proxecto con toda a ambición do mundo que ilusionaba desde o principio á afición de Carballiño.
Fran Justo
A chegada de Fran Justo, e o seu corpo técnico, eran a primeira declaración de intencións. Co xoven adestrador o equipo comenzaba a adestrar en horario de mañáns.
Ó Arenteiro chegaban xogadores dos dous equipos da capital:
- Ourense CF: Diego, Germán Novoa, Portela, Mariña e Renan Zanelli
- UD Ourense: Rubén Arce, Germán Pérez, Adrían Presas e Markitos
O equipo completabase con fichaxes desde o Pontevedra CF (Alex Fernández e Alvaro Nogueira), do Coruxo a Sylla, do Fabril a Victor Eimil e ata no mercado do inverno con Cissé do Celta B entre outros.
Da tempada anterior continuaban Adrián Pol, Joni e Javi Pazos (fichaxe de inverno tamén do Pontevedra)
O ano da pandemia
O ano non foi fácil para CD Arenteiro (e para os demáis clubes da categoría) con aplazamentos de xornada pola Covid, partidos a porta pechada e mesmo no exilio de Barbantes.
O rendimento deportivo foi impecable desde o primeiro momento. Na primeira fase acadaba o liderato e acadaba a renda suficiente cómo para que na Fase de Ascenso acadase o premio soñado con varias xornadas por diante.
No último partido da temporada, curiosamente ante o tamén ascendido Bergantiños, acadaba o título de campión da última 3ª División da historia.
Noraboa CD Arenteiro