Outro revés para o goberno de Jácome na capital. A xustiza anulou o nomeamento do director xeral de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense, Juan Carlos Fernández Fasero, asesor do rexedor. O xuíz considera que "o feito de que non se esixira unha titulación especifica colisiona coas características do posto vulnerando as bases da convocatoria o principio idoneidade e profesionalidade" coma denunciou o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñería Informática.
As reaccións da oposición non se fixeron agardar. Dende o BNG consideran que esta anulación "certifica de novo a vulneración constante dos procedementos por parte do alcalde" mentres que dende o Psoe acusan a Jácome de "descoñecer o funcionamento dunha administración e os perxuizos que os seus erros teñen para os cidadáns".
Socialistas e nacionalistas consideran que o alcalde ourensán debe mudar o rumbo e "deixar de facer traxes a medida aos seus amigos"
.