O senador popular e expresidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar será xulgado no Tribunal Supremo o 13 de Xaneiro por un presunto delito contra a seguridade viaria por conducir a 215 por hora na autovía das rías baixas en Zamora nun tramo limitado a 120 no que o politico ourensán chegou a afirmar en sede xudicial "que non superou os 200".
Baltar -que será xulgado pola sala do penal- afronta unha petición fiscal de condea de 1800 euros de multa e un ano de privación do permiso de conducción de vehículos a motor e ciclomotores asi coma as costas procesais.
Noutra resolución xudicial, decláranse pertinentes as probas propostas polo ministerio fiscal e a defensa nas que se inclúe o interrogatorio do acusados, as testificacións dos axentes da garda civil encargados do atestado e unha proba relacionada ca acta de inspección técnico ocular da via ademais da dilixencia relacionada co cinemómetro. Quedan para resolver en sala cuestións plantexadas pola defensa de Baltar que argumentaba que o seu defendido xa fora resolta e non deberia ser sometido a un doble procedemento sancionador.
O xuizo chegará case un ano despóis do suceso acontecido o 23 de abril de 2023 cando aínda era presidente da Deputación de Ourense e foi captado por un radar na localidade zamorana de Asturianos, denuncia que foi tramitada nun xulgado de Zamora pero que pasou ao Supremo tras ser nomeado senador pola comunidade autónoma e adquirir a condición de aforado.