Termalismo

A Xunta aposta pola reactivación do turismo termal

O Camiño de Santiago terá un papel relevante a través do proxecto “Un descanso nos Camiños” da Xunta e o Clúster Turismo de Galicia para ofrecer estancias nos balnearios das distintas rutas

Óscar Gómez

Ourense | 21.05.2021 09:50

A Xunta aposta pola reactivación do turismo termal
A Xunta aposta pola reactivación do turismo termal | onda cero

A Xunta traballa na reactivación conxunta do turismo termal galego como unha proposta complementaria ideal que permite contar cunha oferta de calidade e especializada, e con gran capacidade de desestacionalización da demanda e de captación de máis segmentos de público combinada con outros produtos ou servizos.

Nesta edición de Termatalia celebrarase o 2º Congreso Internacional sobre Auga e Saúde, que analizará os cambios que a pandemia provocou no sector e o 2º Workshop Internacional en turismo de saúde e benestar no que participarán distintos touroperadores especializados no termalismo. Com novidade, neste Xacobeo 21-22 o Camiño de Santiago tamén terá un protagonismo nesta feira coa posta en marcha de novas medidas do proxecto Un descanso nos Camiños. Esta iniciativa da Xunta e o Clúster Turismo de Galicia, basease precisamente na creación de productos turísticos orientados ao Camiño de Santiago e na oferta termal galega con estancias nos balnearios das distintas rutas para ofrecer o mellor repouso aos peregrinos.

O Goberno galego busca a recuperación da confianza do viaxeiro a través de medidas para incentivar o consumo como a Tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia ou o programa Elixe Galicia, que entre ambas inxectarán máis de 10 millóns de euros ao sector turístico, ademais da difusión da mensaxe de que Galicia é un destino seguro.

Con este obxectivo de reforzar Galicia como destino seguro, o Goberno galego vén de adxudicar o seguro coronavirus, que conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros, para ofrecer un plus de tranquilidade aos viaxeiros que se acheguen á nosa comunidade cobertura dos seus gastos sanitarios, de aloxamento ou transporte ante un posible contaxio.

O seguro coronavirus, busca tamén a recuperación do sector turístico e súa posta en marcha é tamén unha medida de apoio ás axencias de viaxes e ás empresas do sector, que poderán ofertar Galicia como destino seguro aos seus clientes.

Do mesmo xeito, a Xunta tamén impulsou no sector termal formacións específicas para que os profesionais deste sector coñeceran polo miúdo os protocolos de prevención e seguridade sanitaria fronte ao coronavirus.