A folga de traballadores/as da empresa Autobuses Urbanos de Ourense SL, concesionaria do servizo de transporte público de Ourense, quedou paralizada por decisión da Consellería de Emprego e Igualdade.
Os motivos aos que alude a Xunta, que é a autoridade competente nesta materia, son que o paro previsto fora inicialmente convocado o 14 de xaneiro do 2021, momento no cal tivera que ser adiado por mor da pandemia. Tras un ano e tres meses transcorridos, e tras cambios na representación legal dos traballadores/as – houbo eleccións sindicais no 2021 -, a Delegación de Emprego entende que se deberá tramitar unha nova solicitude de paro, que se adapte aos prazos actuais.
Os servizos de transporte urbano e interurbano están considerados servizos esenciais, e deberán pasar dez días entre a comunicación do acordo e o inicio marcado para a folga, cousa que neste caso non acontecía.