Empleo

A Xunta avoga pola rentención do talento xuvenil e da aceleración da primeira experiencia profesional

O Plan Emprega Xuventude da Xunta para 2021 destinará 51,8 millóns de euros con programas específicos para a formación, mellora da empregabilidade e incentivos á contratación de persoas mozas.

Óscar Gómez

Ourense | 16.12.2021 10:58

A Xunta avoga pola rentención do talento xuvenil e da aceleración da primeira experiencia profesional
A Xunta avoga pola rentención do talento xuvenil e da aceleración da primeira experiencia profesional | onda cero

A mocidade é precisamente, tal e como mentou a directora xeral, un dos colectivos prioritarios ás que a Xunta prestará atención en 2022. O desafío, segundo resaltou, “estriba en seguir impulsando o emprego estable e indefinido entre a mocidade”. Para acadalo, destacou Toca, a Xunta está a apostar por políticas activas de retención de talento e de aceleración da primeira experiencia profesional. “O tecido produtivo e a Administración deben traballar en crear as condicións que permitan absorber o talento mozo e fomentar que aqueles que se formaron en Galicia, traballen na nosa comunidade”, insistiu.

Nesta liña, a Xunta está promover, no ámbito das relacións laborais, novos modelos de traxectoria profesional e a traballar contra a discriminación laboral de xénero desde as primeiras etapas da vida profesional. Ademais existe o compromiso firme de axustar a oferta do mercado laboral á demanda da estrutura produtiva galega, algo que para a directora xeral resulta “especialmente importante” para a mocidade con títulos de formación profesional e a poboación maior de 25 anos menos cualificada.

Covadonga Toca lembrou que en 2022 o Goberno galego deseñou o Plan Emprega Xuventude dotado con 51,8 millóns de euros para abordar estes desafíos. Conta “con programas específicos -algúns de nova creación- de apoio á formación, mellora da empregabilidade e incentivos á contratación da mocidade galega”, especificou.

Tamén recordou que a posta en marcha da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego referenda o compromiso da Xunta de Galicia para abordar os retos da formación da mocidade. Con ela, segundo defendeu Toca, “conseguiremos mellorar a empregabilidade da cidadanía, mellorar a retención do talento galego, mellorar a competitividade e resiliencia do tecido empresarial, e mellorar a eficiencia do emparellamento entre demanda e oferta de emprego”.

Galicia, mellor que o Estado

Galicia está a demostrar coas súas medidas en materia de emprego xuvenil un mellor comportamento que o conxunto do Estado. Neste sentido, Toca subliñou que a taxa de paro dos menores de 30 anos é 3,6 puntos porcentuais menor en Galicia (21,8%) que no Estado (25,4%) segundo os datos da última Enquisa de Poboación activa (Galicia: 21,8%; España: 25,4%). Ademais o paro rexistrado neste colectivo baixou nun -31,67% no último ano na comunidade, a maior caída de toda a serie histórica (maio 2005) nun mes de novembro; e as afiliacións aumentaron nun 7,31% na evolución anual.

A directora xeral insistiu por último en que a formación no grupo de idade que vai dos 16 aos 24 anos “é un verdadeiro pasaporte á empregabilidade”. A inserción laboral dos graduados e graduadas do sistema universitario é do 83,3%, relatou Toca, quen subliñou que “o 90% das persoas mozas renuncia a incorporarse ao mercado laboral para seguir estudando” e engadiu que “canto máis se ten avanzado no proceso educativo, as persoas mozas galegas máis se comprometen co seu proceso formativo antes de incorporarse ao mercado laboral”.