Xunta de Galicia

A Xunta comprometese cos traballadores da mina de Penouta e co sector mineiro

María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión coa directiva de Strategic Minerals, empresa mineira canadense responsable da explotación deste xacemento emprazado en Viana do Bolo.

Óscar Gómez

Ourense | 03.11.2023 09:17

A Xunta comprometese cos traballadores da mina de Penouta e co sector mineiro
A Xunta comprometese cos traballadores da mina de Penouta e co sector mineiro | onda cero

No encontro Lorenzana expuxo os pasos que desde o Goberno galego se están dando para impulsar a minería, un sector que pode converterse nun aliado estratéxico para modernizar as principais cadeas de valor da industria galega grazas ao uso de materias primas autóctonas e fundamentais na transición ecolóxica e dixital actual. Así, referiuse á futura Lei de recursos naturais, á nova oficina de captación de fondos europeos para a investigación, innovación e modernización do sector mineiro, e á Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto StmartminTech, que busca a transformación integral da minería a través de novas solucións innovadoras.

A conselleira incidiu en que a Xunta está defendendo, a través da Axenda de Impulso da Minería Sustentable de Galicia, o desenvolvemento do sector sempre e cando se realice de xeito sustentable compatibilizando as actividades que poidan xerar riqueza e emprego co respecto aos recursos naturais. E, ao fío, insistiu na importancia de defender o emprego que xera o sector mineiro en Galicia.

Pola súa banda, a empresa presentou os proxectos que prevé desenvolver na Comunidade dentro dun marco de respecto e cumprimento das regulacións e accións de responsabilidade social empresarial