Angeles Vázquez e o rexedor Juan Anta, que coincidiron durante o seu encontro na importancia e no potencial que teñen este tipo de intervencións como elemento de dinamización tanto desde o punto de vista económico como demográfico, motivo polo que as tres administracións están xa estudando a mellor fórmula para poñer en práctica esta estratexia.
Ao respecto, a responsable autonómica indicou que a recuperación de zonas rurais con escasa poboación ou abandonadas é unha boa forma de promover e incrementar a oferta pública residencial dos municipios, ao tempo que subliñou que a vivenda constitúe sempre un atractivo á hora de promover o asentamento de nova poboación.
Cómpre lembrar que a Xunta porá a disposición dos concellos unha plataforma informática que posibilitará o rexistro de núcleos rurais abandonados e a súa difusión para que os propietarios de inmobles nestas zonas poidan contactar con xente interesada na súa compra ou alugueiro para rehabilitalos. Nestes momentos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) está a ultimar a posta en marcha desta plataforma, para a que contará coa colaboración dos administradores de fincas e dos axentes inmobiliarios.
Así mesmo, co obxectivo de poñer a disposición dos cidadáns vivenda pública a prezos vantaxosos, Ángeles Vázquez trasladoulle tamén ao rexedor que o IGVS conta con varios programas de financiamento e axudas dirixidos a cooperar coas entidades locais nos seus proxectos para rehabilitar edificios e vivendas.
Concretamente, referiuse ao Fondo de cooperación de apoio a entidades locais de menos de 50.000 habitantes, un instrumento creado en 2017 para ofrecerlles préstamos sen xuros e en condicións favorables para obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído. Neste sentido, explicoulle que estes préstamos, que se prevé convocar en abril, son compatibles coas axudas para rehabilitar vivendas de titularidade municipal, xa convocadas o pasado mes de marzo.