Termalismo

A Xunta destaca a aposta por potenciar o sector de Termalismo

Alfonso Rueda indicou que o turismo termal en Galicia implantou os protocolos de prevención necesarios para ofrecer seguridade aos visitantes ante a covid-19

Óscar Gómez

Ourense |

A Xunta destaca a aposta por potenciar o sector de Termalismo | onda cero

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta unha xuntanza co presidente da sección de entidades locais con augas minerais da FEMP, -as vilas termais-, e alcalde de Cuntis, Manuel Campos para estudar vías de colaboración conxuntas neste eido. No encontro tamén participou o vicepresidente do organismo, e alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio.

Alfonso Rueda indicou que o turismo termal en Galicia implantou os protocolos de prevención necesarios para ofrecer seguridade aos visitantes ante a covid-19. Nesta liña, resaltou que o termalismo axuda a promover Galicia como destino de calidade e seguro. E das actuacións da Xunta para apoiar ao sector, o vicepresidente primeiro da Xunta destacou a posta en marcha de iniciativas pioneiras en España como a Lei de aproveitamento lúdico de augas termais, que permitiu regular o réxime de uso de augas termais e dar seguridade xurídica aos proxectos turísticos termais que non poden ser considerados balnearios e que non dispoñían dunha regulación específica nin actualizada.

Indicou tamén a aposta do Goberno galego por fomentar o turismo termal a través tanto da formación, co impulso da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago; como da innovación, ao facilitar un proceso de documentación dos balnearios galegos co proxecto Termagal. Tamén fixo referencia ás melloras nas infraestruturas dos balnearios galegos e ao apoio ás vilas termais e á súa sinalización turística.

A sección vilas termais agrupa a 76 entidades locais con augas minero-medicinais en toda España que teñen como un dos seus recursos fundamentais o recurso termal como elemento dinamizador e económico nos seus concellos, de aí a importancia que ten o traballo conxunto e coordinado nun sector como o termalismo, tan relevante na nosa comunidade.