Aspanas

A Xunta destaca o compromiso social de Aspanas na atención a persoas discapacitadas

Begoña Abeijón puxo en valor o traballo desta asociación na creación de recursos e servizos de atención ás persoas con discapacidade.

Óscar Gómez

Ourense | 28.11.2023 08:08

A Xunta destaca o compromiso social de Aspanas na atención a persoas discapacitadas
A Xunta destaca o compromiso social de Aspanas na atención a persoas discapacitadas | onda cero

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o mercado de Nadal organizado pola entidade Aspanas na cidade de Ourense. Durante a visita, puxo en valor o traballo desta asociación na creación de recursos e servizos de atención ás persoas con discapacidade.

A Xunta destaca o compromiso social de Aspanas na atención a persoas discapacitadas
A Xunta destaca o compromiso social de Aspanas na atención a persoas discapacitadas | onda cero

A directora xeral fixo fincapé na colaboración que o Goberno galego mantén con todo o tecido asociativo galego. Neste sentido, lembrou a recente sinatura do concerto social entre o presidente do Goberno galego e as distintas entidades do sector. Un acordo histórico que permitirá o mantemento de máis de 5.000 prazas de atención á discapacidade de titularidade social e a estabilidade económica destas entidades. A Xunta de Galicia destinará a este concerto social máis de 100 millóns de euros ao ano.