Ourense Provincia

A Xunta destina 200.000 euros para renovación de diversos espacios culturais

O delegado territorial explicou que na liña de axudas para equipamento e mellora de instalacións culturais, na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Xinzo de Limia, os concellos de Taboadela, Bande, O Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Sandiás e O Barco de Valdeorras.

Óscar Gómez

Ourense | 09.11.2023 16:58

A Xunta destina 200.000 euros para renovación de diversos espacios culturais
A Xunta destina 200.000 euros para renovación de diversos espacios culturais | onda cero

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Xinzo de Limia, os concellos de Taboadela, Bande, O Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Sandiás e O Barco de Valdeorras . Un total de 8 municipios que recibirán 165.047,33 euros para mellorar locais, auditorios e casas da cultura. Todos eles o abeiro das dúas liñas de axudas contempladas na convocatoria: axudas para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais e axudas para mellorar os arquivos e fondos documentais.

Gabriel Alén sinalou que no seu conxunto, as subvencións, que se conceden en réxime de concorrencia competitiva, permitirán reforzar os equipamentos culturais de Galicia con diferentes actuacións que inclúen ata dotar de equipamento e mobiliario, realizar obras de reforma, ampliar, modernizar ou mellorar os inmobles ou adquirir materiais técnicos.

Detallou o delegado territorial que tamén se inclúen actuacións para actuar sobre a accesibilidade, a iluminación, o son e equipamento de novas tecnoloxías.

A Xunta destina 200.000 euros para renovación de diversos espacios culturais
A Xunta destina 200.000 euros para renovación de diversos espacios culturais | onda cero

As obras da biblioteca municipal de Xinzo de Limia consisten na consolidación dunha nova sala de lectura; un local que sirva para ampliar e que sexa froito dunha comunicación interna por escaleiras entre as dúas plantas co gallo de atender aos usuarios dun xeito cómodo e con conexión a internet.

Gabriel Alén tamén lembrou tamén a liña que se refire aos arquivos, dotada de 145.000 euros para a mellora dos fondos documentais e apoiar tarefas para garantir unha custodia responsable e facilitar o seu acceso por parte da cidadanía, da que foron beneficiarios 7 concellos da provincia de Ourense (Beariz, Taboadela, Avión, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios e Vilar de Barrio) con máis de 39.000 euros

A axudas enmárcanse no traballo da Xunta de Galicia por mellorar e impulsar as infraestruturas culturais galegas e garantir o acceso á cultura a todos os galegos na liña do Plan Xeración Cultura, a folla de ruta para este ano que inclúe un eixo centrado na mellora de infraestruturas culturais. Ademais, mantense unha liña constante de apoio ás entidades e aos concellos galegos que se completa con iniciativas para que os municipios se doten dos medios necesarios para executar as súas programacións.