Homenaxe

A Xunta homenaxea aos galegos que emigraron a Venezuela

José González agradeceu neste acto o traballo diario dos galegos no exterior para manter vivas as tradicións, música e historia galegas e remarcou o carácter referencial da Irmandade Galega de Venezuela.

Óscar Gómez

Ourense |

A Xunta homenaxea aos galegos que emigraron a Venezuela
A Xunta homenaxea aos galegos que emigraron a Venezuela | onda cero

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou en Boborás (Ourense) na terceira edición da Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia coa que se busca rendir un homenaxe a todas aquelas galegas e galegos que emigraron a este país recoñecendo o seu esforzo e traballo e o seu empeño para manter a galeguidade no exterior.

Trátase dunha celebración que tamén pon de manifesto unha unión que trascende fronteiras e xeracións e serve para seguir fortalecendo os vínculos entre Galicia e Venezuela.

José González agradeceu o labor diario dos galegos no exterior por manter vivas as tradicións, música e historia galegas e puxo en valor o traballo que se desenvolve na Irmandade Galega de Venezuela que definiu como un faro de galeguidade no exterior.

Referiuse tamén á celebración esta semana da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, un órgano colexiado de representación permanente dos galegos asentados fóra de Galicia, que ao igual que a xuntanza celebrada hoxe en Boborás sirve para compartir historias e reforzar os lazos de unión.

O conselleiro, así mesmo, sinalou o compromiso da Xunta cos retornados galegos facilitando a súa integración, dun lado, e no regreso a Galicia dos que así o desexen, doutra parte. Neste senso, lembrou que o Goberno galego está a executar a Estratexia Retorna Galicia coa que se está a impulsar o regreso de 30.000 galegos do exterior.