Economía

A Xunta pon en valor a importancia do castiñeiro e o seu froito

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participou na inauguración do VII Simposio da castña, poñendo de relevo iniciativas como o Plan estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña.

Óscar Gómez

Ourense | 27.06.2023 08:52

A Xunta pon en valor a importancia do castiñeiro e o seo fruto
A Xunta pon en valor a importancia do castiñeiro e o seo fruto | onda cero

Neste simposio, debateranse as últimas liñas de I + D e as propostas de innovación arredor desta especie forestal. Así, durante a súa intervención, José Luis Chan, puxo en valor algunhas das iniciativas que está levando a cabo a Consellería do Medio Rural para favorecer o desenvolvemento desta especie.

En primeiro lugar, o director xeral resaltou o Plan estratéxico do castiñeiro e de produción de castaña, que establece os eixes de intervención e as actuacións a desenvolver, as achegas para o fomento da plantación de castiñeiros e a recuperación de soutos tradicionais, ambos enmarcados no Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”. Tamén mencionou os avances na loita contra o chancro e a avespa do castiñeiro.

Así, o director xeral valorou a aposta da Xunta pola xestión activa dos castiñeiros para buscar solución á fragmentación da propiedade, mediante as agrupacións forestais de xestión conxunta, cuxas primeiras liñas da estratexia foron presentadas o venres pasado no Consello Forestal. Como conclusión, puxo de relevo a importancia deste simposio, moi útil para favorecer a incorporación das liñas de I + D que impulsa o Goberno galego.

Este congreso está coordinado por Santiago Pereira, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente da división de froitos secos da Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas. Rematará o próximo xoves 29. Durante catro días sucederanse diversas charlas e faladoiros impartidos por expertos e expertas na materia, co obxectivo de intercambiar información científica e colaborar co gallo de favorecer a innovación sustentable.