A Xunta reabrie de forma permanente ao tráfico a rúa Marcelo Macías en sentido entrada a Ourense. As obras de mellora que se están a executar continúan avanzando segundo o previsto e resta actuar en tres cruces de calzada, que só requirirá de cortes puntuais.
Coa fin de minimizar as afeccións aos veciños desta zona e aos usuarios da vía, desde setembro reorganizáronse os traballos, permitindo a circulación pola rúa a última hora do día. A actuación, cun investimento autonómico de 1,7 millóns de euros, iniciouse en agosto e suporá a mellora integral da rúa nun treito de 1,3 quilómetros.
A intervención inclúe a renovación do firme, a mellora das beirarrúas e a substitución das redes de abastecemento, saneamento e de alumeado. Ademais a actuación contempla o reforzo da seguridade viaria coa instalación de pasos de peóns con iluminación específica. Tamén se aproveitará este proxecto para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil.