Xuventudes Socialistas de Ourense denuncian un novo desmantelamento por parte do goberno municipal do Espazo Lusquiños da Mocidade, situado no barrio de A Ponte. O espazo, creado polo goberno municipal do PSdeG PSOE de Ourense e do BNG, supuxo a creación dun espazo onde a mocidade podía expresar as súas creacións artísticas e participar en multitude de eventos.
Dende Xuventudes Socialistas e o PSdeG PSOE de Ourense levan anos pedindo que se poña en valor o Espazo Lusquiños. Na última moción presentada polo Grupo Municipal Socialista respecto do Espazo Lusquiños o pasado ano, instábase ao goberno municipal a poñer en marcha un programa piloto contra a ludopatía no que se incluía este Espazo como alternativa segura, sa e indispensable contra as adiccións que proliferan entre as xeracións máis novas.
A organización moza, denuncia que dende que o rexedor actual está no poder, “nada lle importou a mocidade, xa que estivo xogando coa apertura e o peche de espazos coma o Espazo Lusquiños, ou a Molinera”, este último anunciado como Centro de Intelixencia Artificial polo líder de Democracia Ourensana, que “nin está, nin se lle espera”.
Alba Iglesias García, líder da organización moza socialista na cidade, salienta que “ Hai unha evidente e manifesta falta de capacidade de xestión deste goberno municipal e un erro na interpretación do que queremos a xuventude de Ourense. Esiximos recuperar os nosos propios espazos Queremos disfrutar das poucas infraestruturas coas que conta a mocidade e que se retome a oferta de actividades.”