Na xornada de mañán desenvolveuse a modalidade de ximnasia rítmica na Cancha Central dende as 11:00 horas. O ambiente foi máis festivo que competitivo. As exhibicións das escolas (tanto do Pavi-llón como de Celanova, Maceda, Xinzo, Barbadás, Miraflores, etc.) fixo as delicias do público con exercicios moi variados e vistosos.
Xa na competicion destacamos o ouro acadado por José Vázquez Gómez do Club Ximnasia Pavillón Ourense e bronce do seu compañeiro Patrick Célis López, obtendo a prata Unai Sánchez, do Club Maniotas. Na competición de conxuntos o Club Ritmo obtivo o ouro nas dúas categorías nas que se presentou (infantil e senior), sendo o ouro para o Pavillón nas categorías junior e alevín. Foi para to-dos os conxuntos un moi aproveitado ensaio para o nacional absoluto a celebrar en Zaragoza en es-casas dúas semanas.
Na xornada de tarde desenvolveuse a modalidade de Trampolín no Anexo con un total de 54 partici-pantes en competición e 23 ximnastas en exhibición.
Na modalidade de trampolín a competición desenvolvese nos niveis Escolares e de Base porque son eses precisamente os niveis que ten menos volume de competición e nos aparatos de Trampolín e Minitramp. É este Torneo tamén o momento en que todos os pequenos e pequenas que se inician nesta modalidade poden exhibir o que están aprendendo a facer sobre o Minitramp; e así o fixeron os 13 ximnastas do EXP e os 10 ximnastas da Escola Deportiva de Barbadás
O número de ximnastas en competición repartiuse proporcionalmente entre a Escola Municipal de Barbadás, (escola que ven traballando a Ximnasia en Trampolín desde fai algúns anos con moito éxito de participación) e o Club Ximnasia Pavillón. E do mesmo xeito proporcional tivo lugar o re-parto de medallas. A xornada serviu tamén como xornada de convivencia entre os e as ximnastas dos tres clubs partici-pantes