Municipal

Nova reunión o próximo xoves para explorar a posibilidade dunha moción de censura en Ourense

PSOE, PP e BNG voltarán a reunirse para ver si é posible chegar a un acordo

Paco Sarria

Ourense |

Nova reunión o próximo xoves para explorar a posibilidade dunha moción de censura en Ourense
Nova reunión o próximo xoves para explorar a posibilidade dunha moción de censura en Ourense | Onda Cero Ourense

A reunión do chamado Pacto da Concordia convocado polo Partido Socialista rematou con unha idea clara. A moción de censura contra Pérez Jácome soamente sairá adiante si o Alcalde ou Alcaldesa resultante é socialista.

É o plantexamento do BNG para prestar o seu imprescindible apoio, segundo expresou o nacionalista Xosé Manuel Puga

Unha proposta que para os populares foi frívola e radical, en palabras da edil Noelia Pérez, mentres que os socialistas foron máis positivos por que houbo moitos puntos de encontro, segundo a voceira Natalia González.

Os socialistas, como promotores da iniciativa, convocarán novamente ós representantes populares e nacionalistas a unha nova reunión que previsiblemente terá lugar este próximo xoves e tamén no Liceo de Ourense.