Jácome quedou sen capacidade para pagar festas, débedas e obras. A oposición, cansa de que queira gobernar vía modificacións de creto con cargo ó remanente de tesoureiría, acordou por unanimidade non aprobar esas modificacións, agás as de carácter social que, pese ó que, o rexidor levará a un pleno extraordinario tódalas modificación a pleno o luns no que previsiblemente descargará a crítica coa que agochar que é incapaz de presentar uns orzamentos municipais como é debido.
Para a popular Sonia Ogando "xa non se pode aprobar máis despilfarro".
Os nacionalistas coinciden co resto en aprobar soamente as axudas de carácter social, e apuntan que non pasarán ningunha máis ata que non se negocien uns orzamentos como é debido.
E a socialista Natalia González, na mesma liña, entende que a postura de toda a oposición debe ser para Jácome un "aviso a navegantes".
Pola sua parte o Alcalde, en redes sociais, fala de bloqueo da oposición e de que deixarán ó goberno local de Democracia Ourensana sen fondos para pagar a pisciña de Barrocás, a humanización de Lonia, 30 obras do perímetro rural, vestiario de bombeiros e policía local, participación cidadá ou de axudas para o deporte base de 30 clubes da cidade.