A oposición municipal no concello de Ourense é unánime ó rexeitar o desaloxo do actual edificio ocupado polo Centro Municipal de Información á Muller (CIMM) no barrio de O Couto por non acometer unha obra que suporía 200 mil euros para a eliminación do gas radón.
Para a socialista Natalia González o edificio é chave en materia de igualdade e a loita contra a violencia de xénero, polo que non ve axeitado o traslado do servizo á praza de San Martiño onde non haberá a necesaria intimidade, polo que acusan ó Alcalde, Pérez Jácome de desmantelar a concellería de Igualdade.
Dende o BNG, Luis Seara considera a medida como un novo golpe as persoas vulnerables, e tampouco ve axeitado o traslado a praza de San Martiño.
E os populares denuncian o que califican como "falla de sensibilidade" do Alcalde coas usuarias do CIMM ó ordenar o traslado. Engaden que as mulleres atendidas por este departamento "non se poden tratar como noutros servizos administrativos municipais", sinala a edil Noelia Pérez.