O Ourense Film Féstival (OUFF) levanta o telón este venres e ata o 6 de outubro acollerá, na sua vixésimo novena edición, a proxección de 60 películas de ficción, documentais e de animación, con propostas que representan a 19 países, a sección oficial Panorama de Galicia e estreas de cineastas galegos.
Esta 29ª edición foi presentada como un festival consolidado e de referencia en Galicia, así como un motor económico da provincia con unha programación tan ampla como diversa.
O director do OUFF, Miguel Anxo Fernández salientou unha programación que reafirma esta edición como a proxección do cinema de Galicia, dende Ourense para o mundo.
E o presidente da Deputación puxo de releve que é a cita cultural de Ourense; unha cidade que adoece por falla de programación cultural últimamente.
A programación deste festival complétase con encontros, exposición fotográficas, roteiros e ciclos para toda a familia, implicando a tódolos públicos.
A esta edición chegaron 350 filmes.