OUFF

As Sesións Especiais do OUFF dan voz aos creadores ourensáns

Os traballos que se recollen nesta área do OUFF, que “é unha das máis lonxevas e queridas polo público” en palabras de César Silva, destacan pola súa singularidade e precisan dun espazo propio dentro do certame.

ondacero.es

Madrid |

festival de cine de ourense | concello de ourense

Plácido Romero presentou “O tempo da luparia”, un documental sobre como afecta o paso do tempo ao concello de Lobeira. “O documental arranca con imaxes da escola e de nenos de 5-6 anos e despois vemos a esas mesmas persoas de 35 no mesmo escenario, que xa non é un colexio” comentou Romero, que dixo terlle moito cariño a súa peza porque é moi persoal.

En “O desafío do Sil”, Domingo Díaz lévanos atrás no tempo para descubrir a construción dos Saltos do Sil pero tamén para ver como a chegada destas inmensas obras e de moito persoal afectou ás zonas limítrofes. “O final o cine é xogar co tempo” e por iso poderemos ver imaxes rodadas nos últimos anos xunto con imaxes de arquivo que plasmaron o levantamento dos encoros pero tamén aos seus traballadores.

Marcos Fernández falou sobre “La casa”, o documental que quere ser “unha homenaxe á Casa da Xuventude de Ourense, un lugar que para moitos ourensáns foi máis un fogar e un punto de encontro ca un simple edificio”. Antigos socios, traballadores e colaboradores desfilan pola cinta para falar sobre as súas experiencias e vivencias no lugar.

“Tamén quería que servira de recordo a Benito Losada, eterno director da casa, e a Juan Manuel de Sas, o porteiro e segundo pai de moitos” afirmou Fernández. “O tempo na luparia” poderase ver o día 4 ás 18 horas e “O Desafío do Sil” o 3, tamén ás 18 horas, ambos no Cine Club Padre Feijoo. “La Casa” proxéctase o día 4 ás 18 horas na Sala Azul do Auditorio.