JJOO

A ourensá Tamara Echegoyen será a abandeirada española nos XXOO de París

Campiona olímpica, mundial e europea

Paco Sarria

Ourense |

A ourensá Tamara Echegoyen será a abandeirada española nos XXOO de París
A ourensá Tamara Echegoyen será a abandeirada española nos XXOO de París | Paco Sarria

A ourensá Tamara Echegoyen será a abandeirada de España nos Xogos Olímpicos de París. A regatista nada nunha cidade do interior, é campiona olímpica, campiona do mundo e campiona europea e foi designada polo Comité Olímpico español que preside o tamén ourensán Alejandro Blanco.

A designación de Echegoyen foi saudada con ledicia entre outros polo Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen considera unha auténtica honra a elección para representarnos nun evento de tanta trascendencia como son uns XXOO que terán unha grande repercusión internacional. Jácome ve na regatista un modelo e referente.

Jácome tamén celebra que Ourense fose elexida pola Selección Feminina de Hockey Herba, adestrada polo tamén ourensán Carlos García Cuenca, para preparar a sua participación na cita deportiva olímpica.