Suceso

Un ourensán aparece morto nun hotel panameño

Investigan as causas da sua morte

Paco Sarria

Ourense |

Un ourensán aparece morto nun hotel panameño
Un ourensán aparece morto nun hotel panameño | hotel bristol

O cadáver dun ourensán de 65 anos foi atopado por personal do establecemento nunha habitación 911 do Hotel Bristol en Panamá.

Foi identificado como Salceda Rodríguez e o home presentaba sangrado no nariz e unha ferida visible na fronte, polo que hai sospeitas sobre as causas da sua morte. De feito as autoridades panameñas abriron unha investigación, agardando os resultados da autópsia, e non descartando ningunha posibilidade nas liñas de investigación.