Ourense abrirá en Outariz a primeira ludoteca termal de España
A oferta para a cidadanía e turistas reforzarase coa construción do “glamping” de Untes, de dous centros de deportes náuticos en Oira e Untes e dun aparcadoiro para caravanas
O vindeiro mandato as marxes do río Miño serán a gran zona de ocio da cidade coa posta en marcha do programa “Ourense, cara ao Miño”. Un ambicioso proxecto que suporá a construción de novas infraestruturas termais, turísticas e para a práctica do Deporte. “Ourense terá primeira ludoteca termal de España. Unha proposta estratéxica para o noso turismo, xa que mellorará a experiencia das familias con nenos pequenos, ofrecéndolles a oportunidade de conciliar o seu relax cunha atención profesional para os menores de cinco anos”, explica o alcalde de Ourense e candidato á reelección á Alcaldía polo PP, Jesús Vázquez. “Dámoslle resposta a unha importante demanda da nosa cidadanía. Especialmente das familias monoparentais con fillas e fillos ao cargo. Pero tamén abrimos novas oportunidades para o turismo, chamado a ser un dos nosos motores económicos de futuro”, sinala Vázquez Abad. A ludoteca termal terá capacidade para 30 persoas, e todo o material didáctico estará relacionado coa auga: os xogos, os libros, así coma o material informático e tablets coas que estarán dotadas as instalacións. O obxectivo é inculcar entre as nenas e nenos os valores termais da nosa cidade e de respecto polo Medio Ambiente. “Ofreceremos unha oferta novidosa para os amantes do turismo en Natureza, coa construción dun aparcadoiro para caravanas e do ‘glamping’ de Untes, unha proposta única que combina deseño e comodidade a escasa distancia de Outariz”, explica Jesús Vázquez. Ademáis está prevista a construción de instalacións para a práctica de deportes náuticos en Oira e Untes, e a cidade súmase ao proxecto común entre varios concellos por converter as beiras do río Miño nunha senda peonil desde Oira ata Ribadavia. “Ourense cara ao Miño transformará totalmente a contorna con equipamentos de primeiro nivel para un turismo de Saúde en medio dunha paisaxe privilexiada”, explica Vázquez Abad. “Reivindicamos dunha vez por todas as marxes do Miño como a gran área de esparexemento de Ourense, con dotacións que comezarán a ser unha realidade de forma inmediata. Pero será preciso contar coa forza suficiente que impida que a oposición siga a dicir „Non‟ aos proxectos para o desenvolvemento da nosa cidade”, di Jesús Vázq