Ourense Cidade

Ourense aposta por un Nadal tecnolóxico

O vindeiro martes, 18 de decembro, o Xardín Xaponés, iniciará un espectáculo de realidade aumentada que se prolongará ata o 30 de decembro, onde os máis cativos poderá interactuar bailando, xogando e saltando cos seus persoaxes preferidos de Nadal

ondacero.es

Ourense |

xardin xapones | concello de ourense

O Nadal en Ourense é moito máis: unha fiesta aberta a un mundo máxico. Por iso, o Goberno Local aposta pola innovación tecnolóxica para facer destas datas unha experiencia irrepetible para os máis cativos. “Ofrecemos actividades nunca antes vistas na nosa cidade, pensadas para toda a familia e dando un salto cualitativo e sorprendente nunhas datas tan entrañables”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez, quen convida a “todos os nenos e nenas a que participen nestes xogos de realidade aumentada e virtual pioneiros e inéditos en Ourense”.

Así, o vindeiro martes, 18 de decembro, o Xardín Xaponés, iniciará un espectáculo de realidade aumentada (adxuntamos imaxe da recreación prevista) que se prolongará ata o 30 de decembro, sempre en horario de tarde (das 16h ás 21h). Grazas a unha pantalla xigante, maiores e pequenos poderán interactuar coas persoaxes máis típicas destas datas, podendo levarse de recordo imaxes desta experiencia única na nosa cidade. Este novo espazo de realidade aumentada é un novo espazo de encontro e lecer para a veciñanza de Ourense e quenes visitan a cidade nestas datas, onde cativos e maiores poderán bailar, saltar, xogar e interactuar con Papá Noel, os Reis Magos, os paxes reais, os elfos e un sinfín de sorpresas.

Dous días despois, o 20 de decembro, o Xardín do Posío albergará o Box 3De Nadal, basado na retroproxección en 3D con contido baseado en temática navideña. Ao igual que o espectáculo de realidade aumentada, esta iniciativa de tecnoloxía punta conta co apoio da Xunta de Galicia pola súa innovación e orixinalidade como recurso turístico e de lecer.

De feito, nesta instalación haberá un photocall interactivo que permitirá a creación de video-selfies cunha experiencia de alta calidade e contidos de grande impacto, proxectando unha imaxe de forma bidimensional que achega ao espectados a unha realidade de tres dimensións que permitirá pasar de imaxinar a experimentar.

E, finalmente, o 21 de decembro chegará un dos grandes emblemas do Nadal en Ourense desde o ano 2015: o Videomapping na fachada do Concello, na Praza Maior. Este ano, con tres días: o 21 de decembro (ás 19:30h e ás 21h) e 28 de decembro (este día o pase será ás 21h e complementarase cun espectáculo piromusical, de música e fogos artificiais), e o 4 de xaneiro (con dous pases, ás 19:30h e 21h). Como novidade este ano, cada día a proxección experimentará variacións, polo que non será igual cada día e en cada xornada será unha oportunidade para visionalo de novo, con sorpresas.