Hyupersa coa UD Ourense

O Ourense busca a unión

A directiva da UD Ourense manifestou a total confianza no traballo dos integrantes do plantel do primeiro equipo.

ondacero.es

Ourense | (Publicado 21.11.2019 10:46 )

Afición UD Ourense | Yedra Seara

As augas corren revoltas polo Couto despois dun comenzo de liga moi diferente ó que a amplia familia vermella desexaba cando comenzou a temporada. A UD Ourense está clasificada na décimoquinta posición a 13 puntos da promoción de ascenso a Segunda B e con sólo 2 de marxe con respecto ó descenso á Rexional Preferente. Esta é a situación obxectiva.

Na afición vermella hai división de opinións.

O vaso medio vacío

Para algúns o Ourense está moi lonxe das súas aspiracións iniciais. O equipo “non xoga a nada” “metémonos moi atrás” “non hai quen meta un gol”. O centro das críticas para este sector da afición ourensanista é o corpo técnico encabezado por Fernando Currás.

O vaso medio cheo

Para outros, o Ourense ten mellor equipo que o ano pasado e falta que cheguen “un par de resultados positivos” para enderezar o rumbo do equipo. Para eles o equipo está moi presionado e eso provoca que afecte ó equipo no terreo de xogo.

Os números da temporada

Analizando os números parece claro que cos principais favoritos ten problemas, a excepción das victorias con SD Compostela e Arosa SC pero tamén parece máis fiable cos equipos da zona media baixa cos que non perdeu en ningunha ocasión.

Ahora, a UD Ourense ten por diante varias xornadas ata fin de ano que deben situar ós de Fernando Currás na zona noble da táboa clasificatoria e desde ahí comenzar a escalada no novo ano.

A sensación é que o equipo pode chegar a dar máis de si porque a mayoría dos siareiros vermellos coinciden en que o equipo é máis completo que o da temporada anterior. Seguramente o imprescindible para acadar os éxitos que se lle están negando por ahora é que o Ourense faga honra as súas iniciais “Unión” e que ésta sexa a chave que faga que todo mude.

Hyupersa con la UD Ourense | Hyupersa