Lingua

Ourense celebra o Correlingua

"Dende aquí, até acolá, Galego Xá!" é o lema deste ano

Paco Sarria

Ourense |

Ourense celebra o Correlingua
Ourense celebra o Correlingua | Paco Sarria

Centos de escolares celebraron hoxe en Ourense unha nova edición do Correlingua que nesta edición levou por lema "Dende aquí, até acolá, Galego Xá!". A iniciativa, que naceu no 2001, ten por obxecto concienciar ó alumnado dos centros de ensino na defensa da nosa lingua, implicando tamén ó profesorado.

O Correlingua chegou pola mañá a Praza Maior da capital ourensá con participantes dos 17 centros educativos inscritos que disfrutaron de xogos populares con alumnado de infantil e primaria.

Parellamente, no Auditorio Municipal, o alumnado de secundaria do IES de O Couto, leeu o manifesto redactado nos obradoiros "Desata a lingua".