O grupo municipal do PP esixirá ó goberno local que actúe de xeito inmediato na resolución dos “numerosos problemas” detectados no transporte urbán.
Os populares aseguran que os usuarios quéixanxe de que os desprazamentos diarios cara ó traballo, os centros educativos ou os centros sanitarios son unha “auténtica odisea”.
Sosteñen que os buses con cumpren cos horarios, que hai liñas que non chegan a destiño e outras que nin saen. Ademáis hai moitos vehículos avariados segundo a edil Noelia Pérez que lembra que o transporte público está actualmente pendente de licitación, cun plego técnico que non tivo en conta as petición do movemento veciñal nin os dereitos laboráis dos traballadores da actual concesionaria.