Municipal

O PP de Ourense reivindica parques caninos

Piden ó goberno local que aproveite unha axuda da Xunta

Paco Sarria

Ourense |

Ausencia de bancos en parques caninos de Benidorm denunciado por el PSOE
Ausencia de bancos en parques caninos de Benidorm denunciado por el PSOE | ONDA CERO

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ourense solicita ó goberno de Democracia Ourensana que aproveite a axuda que a Xunta de Galicia ofrece a cada cidade galega para a creación dun parque canino.

A voceira popular Ana Méndez explica que o único que ten que facer o goberno local é ceder unha parcela axeitada para que o goberno galego se encargue de dotar a infraestructura con tódolos elementos precisos.

Lembra asemade que durante a campaña electoral o Alcalde comprometeuse coa creación de parques caninos, “pero ata o momento non se materializou ninguna acción concreta para cumprir esta promesa”.

Asemade engade que é importante a posta en marchas dun proxecto de construcción de parques caninos en diferentes barrios, pero a ausencia de orzamentos municipais “impide avanzar”.