Educación

Pais e nais do Irmáns Villar voltan a manifestarse diante da delegación de Educación

Demandan praza para 11 alumnos que quedan fora do seu centro de referencia

Paco Sarria

Ourense | 25.06.2024 11:47

Pais e nais do Irmáns Villar voltan a manifestarse diante da delegación de Educación
Pais e nais do Irmáns Villar voltan a manifestarse diante da delegación de Educación | Paco Sarria

50 alumnos non poderán polo de agora cursar os seus estudios nos seus IES de referencia, segundo explicou en Onda Cero o delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, quen engadíu que ainda haberá que agardar algúns días para confirmar a cifra final. Sobre os 11 alumnos do Irmáns Villar que non teñen sitio no seu Instituto de Ensino Secuendario máis próximo que é o Otero Pedraio, dixo que ainda é posible que algún deles teña finalmente praza.

hai 50 alumnos que non terán praza nos seus centros educativos de referencia

A este respecto o voceiro da Anpa de Irmáns Villar, Carlos Regueiro, declarou a Onda Cero que si hai 50 alumnos que non terán praza nos seus centros educativos de referencia é por mala planificación da delegación de Educación. Regueiro explicou tamén que non lles gustou que o responsable da delegación citara ós pais e nais individualmente nos próximos días por que entenden que deste xeito pretenden dividilos e que “caigan de maduros”.

A Anpa deste centro retomou as mobilizacións concentrándose e coreando consignas diante da sede da delegación territorial da Consellería de Educación.