Abastos

O Parlamento aproba proposta socialista para o Plan Funcional para a Praza de Abastos de Ourense

Os populares adiantaron que xa está contemplado nos orzamentos do ano próximo

Paco Sarria

Ourense |

O Parlamento aproba proposta socialista para o Plan Funcional para a Praza de Abastos de Ourense
O Parlamento aproba proposta socialista para o Plan Funcional para a Praza de Abastos de Ourense | onda cero ourense

O Parlamento de Galicia aprobou unha proposta do grupo socialista para urxir á Xunta a que consensúe un Plan Funcional para a Praza de Abastos número 1 de Ourense co Concello e cos praceiros.

A parlamentaria ourensá, Carmen Rodríguez Dacosta emprazou ó executivo galego a “pechar un acordo” co correspondente compromiso económico e tamén a coordenarse parfa continuar coa segunda fase das obras.

Dacosta tamén calificou como “gravísimo” que a voceira do PP se vanagloriara de que os orzamentos da Xunta para o ano próximo supostamente inclúan unha partida para esa actuación demandada polos socialistas, antes de que os presupostos sexan presentados na Cámara galega.