A Garda Civil e a Axencia Tributaria dan por pechada a "Operación Vozka" tra-la detención dos transportistas e dos encargados do movemento dos cartos en efectivo nesta organización criminal. De tal xeito, na explotación da segunda fase do operativo foron detidas outras 4 persoas e 5 máis son consideradas investigadas.
Esta organización empregaba os fondos obtidos do blanqueo de capitais procedentes do narcotráfico para fabricar embarcacións de alta velocidade que con posterioridade eran trasladadas á zona do Estreito de Xibraltar para ser empregadas no tansporte ilegal de inmigantes e outras operacións delictivas relacionadas co tráfico de estupefacientes.
A segunda fase da operación centrouse na detención dos transportistas que realizaban os portes dos motores e cascos, así como a dos engargados de mover o efectivo.
O modus operandi utilizado consistía en blanquear o diñeiro ó través de contas de empresas ficticias ou sen actividade para despois adquirir con esos fondos material náutico que logo trasladaban e almacenaban nunha nave en Portugal antes do seu traslado final.
A operación está dirixida polo Xulgado de Instrucción número 2 de Ourense e polo Fiscal Antidroga da Fiscalía ourensá.