Municipal

Personal do Concello de Ourense convoca dúas xornadas de folga

Tamén manterán os paros previstos para este mes

Paco Sarria

Ourense |

Personal do Concello de Ourense convoca dúas xornadas de folga
Personal do Concello de Ourense convoca dúas xornadas de folga | onda cero ourense

O personal do Concello de Ourense acordou convocar duas xornadas de folga que serán o 31 de outubro e o 4 de novembro en protesta contra a falla de negociación, impago de atrasos e outros asuntos que os enfrontan á política laboral do Alcalde Pérez Jácome.

Asemade manterán paros parciais no que queda de mes e durante o próximo. Paros que trasladarán tamén á sede da Deputación.

Onte pola tarde celebraron a asamblea na que tomaron a decisión para logo concentrarse diante da Subdelegación do Goberno e trasladarse máis tarde ata a praza maior.

Nas protestas corearon consignas como “Alcalde paga o que debes” e “Alcalde demisión”.

Dende o sindicato CSIF. Javier Novoa, membro da xunta de personal do Concello de Ourense lamentou en Onda Cero a falla de transparencia e o deterioro das relación co Alcalde.