A Audiencia Provincial de Ourense xulga con xurado popular o crime do que foi víctima a xove de 29 anos Leticia Sanabria, que traballaba nunha casa de citas na capital valdeorresa en setembro do 2021 e que foi suspostamente asfixiada pola sua compañeira de piso, segundo a autópsia.
A fiscalía acusa de presunto homicidio á sua compañeira de piso e traballo tras unha discusión na que mediaron agresións mútuas.
Por elo eleva a petición de condena a 12 anos de cárcere e ó pago dunha indemnización á familia da falecida de 150 mil euros.
En cambio a acusación particulae considera que se trataou dun asesinato e eleva a petición de condea a 20 anos e a indemnización a 200 mil euros.
A acusada negou os feitos e lembrou que foi ela a que avisou ós servizos de emerxencia.
Leticia presentaba nese momento sinais de violencia con arañazos no pescozo e outras partes do corpo así como feridas ocasionadas por un obxecto punzante.
A falecida, natural do Paraguay, era máis coñecida como Rosi e o caso causou gran conmoción en Valdeorras.