Tribunais

Piden 6 anos para a presunta autor dos lumes de Verin no 2022

Tamén piden máis de 1 millón de euros de indemnización

Paco Sarria

Ourense |

Piden 6 anos para a presunta autor dos lumes de Verin no 2022
Piden 6 anos para a presunta autor dos lumes de Verin no 2022 | Paco Sarria

Os lumes forestais que cercaron Verin no 2022 chegan a xuicio esta semana.

A Fiscalía pide para a acusada e veciña deste concello, de 53 anos, 6 anos de cárcere e unha indemnización que supera o millón de euros.

Fora identificada xunto ó seu coche e está acusada de ocasionar perto de 20 focos que rodearon a vila e que queimaron perto de mil hectáreas os días 3 e 4 de agosto de aquel ano.

A maior parte da indemnización (máis de medio millón de euros) serían para facer fronte ós gastos da Xunta de Galicia cos servizos de extinción.