O Plan de Modernización da Formación Profesional do Goberno central destiñou a Galicia 18,8 millóns de euros, segundo puxo de manifesto nunha visita á Universidade Laboral de Ourense o subdelegado Eladio Santos.
Santos salientou a criación de 2580 novas prazas de FP e de 3750 bilingües e abordou a aplicación do programa PROA+, que investíu máis de 58 millóns de euros en España para iniciativas de alfabetización dixital dende que foi posto en marcha no 2022