Ourense Cidade

O pleno pide investigar os problemas de calefacción e alimentación dos centros de menores Montelegre

No primeiro pleno de 2019 celebrado no concello de Ourense a oposición forzou ao goberno do pp a que instase á Xunta de Galicia a crear unha comisión de investigación sobre a situación do complexo de menores Montealegre

ondacero.es

Ourense |

Pleno concello de ourense | la voz de galicia

No primeiro pleno de 2019 celebrado no concello de Ourense a oposición forzou ao goberno do pp, en minoría , a que instase á Xunta de Galicia a crear unha comisión de investigación sobre a situación do complexo de menores Montealegre e a reclamar á Fundación Diagrama o cumplimento do convenio de xestión.A iniciativa partíu de Democracia Ourensana que reiterou que non se resolveu nen o problema de calefacción nen tampouco o dos menús. A edil de democracia ourensana Laura Nóvoa aseguraba que nestes días de temperaturas baixo cero "nalgunhas habitacións non pasan de seis graos e nos menús, ademáis de escasear a cantidade seguen ofrecendo ensaladas ou xeados". Dende Ourense en Común, Montse Valencia preguntouse "qué fai a fundación diagrama cos cartos que recibe da Xunta e despois dunha reforma nos centros que superou os mais de 3 millóns de euros". A socialista Juana Ageitos tamén achacaba a mala xestión dos centros de menores á sua privatización e reclamaba que a comisión de investigación se fixera extensible aos servizos sociais do concello de Ourense. Pola sua banda, a edil popular de servizos sociais, Sofía Godoy defendía o dispositivo de atención a menores da Xunta e a solvencia da Fundación Diagrama anque recoñecía novas averías na calefacción "que xa están a resolverse"

Godoy anque adiantou que entregarán as demandas á xunta, tamén defendeu as condicións de limpeza e laborais no centro, engadindo que a día de hoxe está aberto un novo proceso de contratación da xestin para ós centros Monteledo e Montefiz.