Presupuestos Estado 2019

O proxecto de orzamentos do estado enfronta a socialistas e populares

O proxecto de orzamentos do estado para Ourense en 2019 só xenerou encontros políticos nas inversións do Ave

ondacero.es

Madrid |

Senadores e deputados do PP de Ourense, na rolda dos orzamentos | onda cero

Sen embargo para o PP os presupostos do goberno socialista de Pedro Sánchez esquecen infraestructuruas viarias importantes con "cero euros" para a variante norte, os tramos ourensáns da autovía Ourense-Lugo, os pasos subterráneos en Tarascón e Ramón Puga ou unha partida testemuñal para a futura A 76 Ourense-Ponferrada.

O deputado ourensá do PP, Celso Delgado considera suficientes as partidas para cumplir os compromisos iniciados polo anterior goberno popular para completar a chegada do ave en 2020 pero amosouse sorprendido polas partidas para as estradas que calificou coma un "agravio" a Ourense e Valdeorras. Delgado tamén se cuestionou se a pretensión de "torpedear ao alcalde e candidato do pp no concello de Ourense Xesus Vázquez" despois de que Fomento hai unha semana garantise a licitación da variante norte este ano e agora non haxa consignación orzamentaria. Precisamente o rexedor ourensá Xesus Vázquez tamén afirmou "sentirse vítima dun enganopremeditado". Mentres o edil de democracia ourensana Gonzalo Jácome cree que foi vítima do "timo da estampita" e acusa a PP e Psoe de esquecerse dos intereses da cidade. Sen embargo o voceiro do Psoe no concello de Ourense José Angel Vázquez Barquero considera que os orzamentos son "positivos e beneficiosos" para Ourense porque o máis relevante é o seu marcado carácter social cun incremento das pensions do 6,2%, do salario minimo interprofesional un 22% , a atención á dependencia nun 59% ou a supresión progresiva do copago farmacéutico.

Os populares anunciaron que presentarán emendas