Ourense Cidade

O Psdg-Psoe celebra un encontro con emigrante retornados de Alemania

O secretario de emigración, Luís Gulín, e o candidato ó Senado, Juan Carlos Francisco explicaron ante máis de 70 asistentes o acto celebrado na Casa da Cultura de Verín as novas leis e circunstancias que afectan a estes colectivos

Óscar Gómez

Ourense |

Emigrantes retornados de Alemania | Pseo ourense

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou, un encontro informativo con emigrantes retornados de Alemania. No acto participaron máis de 70 asistentes, entre os que se atopaban os candidatos ó Congreso, Adolfo Pérez Abellás e Marina Ortega. O secretario provincial de emigración, Luís Gulín, e o candidato ó Senado, Juan Carlos Francisco explicaron durante máis dunha hora os diferentes cambios de fiscalidade que afectan a estes colectivos.

Un acto que estivo conducido polo secretario de organización do PSdeG-PSOE de Verín, Benigno Rodríguez Rodríguez, e no que en primeiro lugar tomou a palabra Luís Gulín, que comezou falando sobre a nova fiscalidade para dous pagadores que en palabras do secretario provincial de emigración “elévase dende o 1 de xaneiro deste ano ós 14.000 euros para estar exentos de declarar”.

O propio Gulín informou tamén de que “os emigrantes residentes en Alemania dende o 1 de xullo están obrigados a informar a axencia tributaria alemá no caso de ter contas bancarias en España e dos movementos dos seus depósitos”. Así mesmo, o responsable de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense detallou de forma exhaustiva o tema do 5 por cento que hai que declarar a Axencia Tributaria Alemana sobre a pensión que se percibe dese país, ademais de explicar os procedementos e experiencias a hora de tramitar as axudas a dependenza alemá e a posibilidade de que o seguro alemán asuma para o coidador as cotizacións ante a seguridade social española e incluso para a prestación do desemprego.

O candidato ó Senado e secretario de organización do PSdeG-PSOE de Ourense, Juan Carlos Francisco, analizou polo miúdo a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que condena á Axencia Tributaria a recoñecer a un retornado de Alemania como gastos deducibles os gastos de sanidade e de dependencia que se deducen da súa pensión alemana. “Tal e como constatei en conversacións e información recadadas con colectivos de retornados en outras Comunidades Autónomas como Asturias, Andalucía, Madrid ou Castela a Mancha, meses territorios os retornados de Alemania non teñen o máis mínimo problema coa súa declaración da renta á hora de reclamar eses gastos deducibles”, explicou Juan Carlos Francisco Rivera.

O senador afirmou tamén que dita situación é “una manifesta discrepancia de criterios territoriais e de discriminación cara o colectivo galego”. Juan Carlos Francisco tamén se comprometeu a “realizar varias accións ante a Secretaría de Estado de Facenda e solicitar una reunión co delegado de Facenda en Galicia para abordar esta problemática”.