O PP na cidade de Ourense e a executiva municipal socialista da capital discrepan sobre si hai seguridade cidadá ou non nos barrios da capital.
Para os populares hai inseguridade nos barrios con liortas, roubos en pisos e establecementos comerciais dende hai meses e segundo trasladan os veciños a este partido. Así o sinalou en Onda Cero a edil do Partido Popular Noelia Pérez.
En cambio, para os socialistas os populares están xerando un alarmismo innecesario. Así, a secretaria xeral da agrupación municipal e voceira, Natalia González, insta ó PP a "cesar no seu intento de sacar tallada politica coa seguridade cidadá para atacar ó PSOE e xerar alarma".
Califican asemade tanto a Noelia Pérez como a Ana Belén Vázquez de "hooligans" contra Pedro Sánchez e de irresponsabilidade política e anuncian que manterán reunións coas asociacións veciñais de A Ponte e O Vinteún para analizar a situación "de maneira rigorosa e detida e para colaborar institucionalmente coa Subdelegación do Goberno e co Concello.