Ourense Cidade

PP e Psoe frenan a intención de D.O. de paralizar o proxecto da estación do Ave

Democracia ourensana non logrou hoxe que o pleno do concello de Ourense se posicionase para esixirlle a Fomento a paralización do actual proxecto da estación do Ave

ondacero.es

Ourense | 08.01.2019 13:47

estación empalme ourense
estación empalme ourense | onda cero

PP e Psoe votaron en contra da proposta que só apoiou Ourense en Común, partido que insistíu na necesidade dunha movilización social para esixir tamén que se faga canto antes a variante exterior.

No decurso do debate, o edil de Democracia Ourensana, Gonzalo Jácome acusou ao Pp e Psoe de "traizoar" á cidade. No caso dos populares, deixando atrás a reivindicación do soterramento cando eles chegaron ao goberno en Madrid e os socialistas cando "recuaron" á chegada de Pedro Sánchez á Moncloa ca sua reivindicación do proxecto orixinal co que o arquitecto Norman Foster gañou o concurso en 2011.

O socialista Barquero argumentou que Jácome estaba errado nas suas pretensións porque xa hai dous meses que a executiva local do psoe fixo alegacións, discrepando do modelo de estación de autobuses que plantexou a Xunta. Jácome definía ao socialista coma un "trileiro" mentres Barquero xustificaba que a razón de non pedir a paralización debese á espera a que se resolvan as alegacions presentadas. Zanxaba o pleno o alcalde popular, Jesús Vazquez acusando a democracia ourensana de ter unha actitude "destructiva" e aseverando que "Ourense vai ser o mellor exemplo de estación intermodal en Galicia". No goberno municipal agardan que as alegacións que tamén eles presentaron non frenen os prazos de execución previstos mentres Ourense en común pedíu un pacto político e social para defender que a variante exterior se faga canto antes.