Memoria histórica

PSOE pide que o Campo de Aragón sexa lugar de memoria democrátiva

Tamén piden a colocación dunha placa nos edificios do complexo de San Francisco

Paco Sarria

Ourense |

PSOE pide que o Campo de Aragón sexa lugar de memoria democrátiva
PSOE pide que o Campo de Aragón sexa lugar de memoria democrátiva | onda cero ourense

A deputada ourensá no Congreso, Marga Martín presenta unha proposición non de lei na que insta á Cámara Baixa a declarar como lugar de memoria democrática o Campo de Aragón de Ourense.

A parlamentaria pide tamén que sexa colocada unha placa nos edificios do complexo cultural de San Francisco no que se lembre ás persoas que foron detidas ilegalmente. Maltratadas e torturadas durante a dictadura franquista.

Incide a deputada en que é hora de recoñecer a eses cidadáns que deron a vida polo seu compromiso e ideais democráticos.