Municipal

PSOE pide que o Concello de Ourense non deixe morrer o servizo de Xantar na Casa

Califican o programa da Xunta de "parche".

Paco Sarria

Ourense | 10.09.2024 11:51

Natalia Gonzalez Nº 2 do Psoe a alcadía de Ourense
Natalia Gonzalez Nº 2 do Psoe a alcadía de Ourense | onda cero

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense pide ó goberno local de Democracia Ourensana que non deixe morrer o servizo de "Xantar na Casa" como xa fixo co de "Comedor sobre rodas".

A voceira municipal do PSdeG-PSOE, Natalia González sinala que "é imprescindible ofertalo e xestionalo axeitadamente a nivel municipal para que non acabe desaparecendo por completo en pouco tempo".

Para a socialista o programa "Xantar na Casa" da Xunta de Galicia "é un parche de peor calidade que serve como bypass para manter con respiración asistida ó antigo "Comedor sobre rodas", pero que "non aporta todo o osíxeno que precisa unha poboación coas características de envellecemento e dependencia como é a ourensá".

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora