O grupo provincial socialista urxe á Deputación de Ourense a activación efectiva e inmediata do plan Emergou fronte ó risco de inundacións.
O Emergou fora aprobado en xaneiro do ano pasado e aspiraba a dar resposta ás necesidades dos concellos afectados por riadas, inundacións e desprendementos ocasionados polas chuvias.
Un plan que para a deputada socialista Elvira Lama quedou dous anos despois en mera propaganda cando a prevención segue a ser unha urxencia.
Segundo as suas estimacións existen na provincia uns 7 mil inmobles construídos en zonas inundables.