O Seminario Menor ourensá plantexa abrir unha pisciña termal para os veciños.
Un certificado da Xunta sobre a surxencia dunhas augas termais é o comezo dun proxecto que nace para o barrio de Vistahermosa mentres que semella condenado ó ostracismo o proxecto de hotel termal no edificio do Pazo Provincial da Deputación, sobre o que o presidente da institución, Luis Menor, declarou que non é viable.