O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor, recibíu ós bombeiros do Consorcio Provincial que se desprazaron a Valencia para traballar vontaria e solidariamente nos labores de limpeza tra-los efectos ocasionados en Levante pola DINA. Menor agracedeu a "vontariedade e solidariedade" dos efectivos mobilizados e que estiveron presentes nas localidades máis afectadas.
Unha representación dos bombeiros participantes tiveron ocasión de relatar as actuacións desenvolvidas sobre o terreo durante os 7 días que permañeceron alí, trasladando o intenso traballo e dureza dos testemuños das persoas que se viron afectadas. Explicaron que "unha parte de nós quedeou alí e voltaríamos cen veces máis".