O Concello de Ourense comunicou á Xunta de Galicia e á asociación de comerciantes a súa vontade de rematar sen acordó as negociación sobre a reapertura da Praza de Abastos número 1.
Explican dende a administración local que teñen cedido “en decenas de parámetros, pero entendemos que hai un punto onde xa se comezaría a dañar o interese xeral, e dese punto non podemos pasar”.
Engaden asemade que “as liñas vermellas e as esixencias que marca a asociación de comerciantes son inasumibles”.