Centos de persoas apoiados por sindicatos e representantes do partido socialista e o BNG desenvolveron unha concentración diante da delegación territorial da Xunta para reclamar do goberno galego a xestión pública do Centro de Atención a Persoas Maiores con Discapacidade que foi encomendada a unha entidade sen ánimo de lucro.
Na concentración reclamaron que se cumpran as promesas e sinalaron que un centro contruído con fondos públicos sexa xestionado pola administración pública por que como explica o voceiro da Plataforma, Rosendo Fernández non está acreditado que o modelo polo que aposta a Xunta sexa o mellor.
Á sua vez a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, declarou que a Xunta está actuando con crueldade coas familias ás que da un trato degradatorio.
E o secretario xeral dos socialistas galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, incidíu no maltrato da Xunta con Ourense e con as familias afectadas.
Asemade o voceiro socialista na Deputación, Álvaro Vila, anunciou qu elevarán iniciativas de apoio ás familias tanto na cámara galega como nos concellos da provincia.
Mentres e minutos antes da concentración en defensa da xestión pública do PROCAPD, o PP uníase ós venezoláns que decidiron concentrarse na praza maior para demandar un cambio no seu país e protestar contra a toma de posesión de Nicolás Maduro